domingo, 29 de agosto de 2010

Despedida a un amigo.

Esta mañá sonou o meu teléfono móbil cedo para ser un domingo. Era unha mala nova, como sempre que soa o teléfono a esas horas. A nova do pasamento dun grande amigo, co que compartin moitas cousas ao longo de moitos anos, desde finais dos oitenta até os noventa.
Si, o Fiz morreu.
Era unha persoa cariñosa e elegante. Eu nunca o vin dicir unha palabra máis alta que outra. Un músico dos de antes, tocaba de oído aínda que estaba xordo dun deles por mor dunha desas puñaladas que a vida lle asestou cando aínda era un neno. Non era xusto.
Era un home delicado cun grande talento para a música e un gosto exquisito. Aínda recordo cando se presentou na miña casa en Santiago acompañado polo "Mini", para pedirme que tocase con eles, co grupo "A Quenlla", porque Fiz era un dos músicos da Quenlla.
Corría o ano 1988 e foi así como o coñecín... Ese inverno gravamos "Európolis 88" nos estudios Kyrios, en Madrid, despois chegaría "Máis alá da néboa" e moitos veráns de traballo por Galiza.
Cantos recordos... Noites en Toldería, viaxes xuntos nos que fumabamos paquetes e paquetes de Habanos, posiblemente para espantar o sono das noites de concerto...
-Eu merézcome outro pitillo!!, solía dicir cando viaxabamos no meu coche, e encendía dous, un para él e outro para mín, porque Fiz era unha persoa tremendamente xenerosa.
Percorremos toda Galiza coa Quenlla durante anos e logo, os dous deixamos o grupo e montamos "Esfenoedro", nese grupo tocaría con nos Abe Rábade, outro grande amigo.
Fiz, mañá voltaremos a estar por última vez os tres xuntos, como cando ensaiabamos na miña casa na Algalia os venres pola tarde.
Unha aperta moi grande desde aquí porque sei que, dalgunha maneira, seguirás sempre con nos.
E como tí dicías cando ías marchar: "Eu así que tal..." non facía falta que fose tan pronto.

jueves, 25 de febrero de 2010

O Tambre desde o CEIP Xacinto Amigo Lera

Este é o aspecto que tiña esta mañá o río Tambre ao seu paso por Portomouro, xusto no lugar no que recibe as augas do Dubra.

jueves, 17 de diciembre de 2009

Seguinte estación: Xarín

Ola a todos e todas os que seguides este blog desde moitos sitios, desde Arxentina, Brasil, Colombia, Perú, Arxelia, Marrocos, Bulgaria, Italia, Reino Unido, Francia, Hungría, Portugal, España, Xapón, etc.
Se fai un tempo anunciei que deixaba PELdeNOZ e que voltaría ao cabo do tempo, agora dicir que o domingo pasado comezei a ensaiar con Xarín, un grupo moi interesante do Sur de Lugo.
Xa iredes tendo novas aquí, no meu myspace, no meu facebook, en twitter, etc, e nas páxinas de myspace e facebook de Xarín.

Vémonos pronto.